Skip to content Skip to footer

Campaña captación novos socios

A campaña de captación de socios estará vixente entre o 1 de marzo e o 1 de xuño de 2023 cando se potenciará, sobre todo, a cota de entrada, xa que se reducirá a 750 € para as 200 primeiras altas que se realicen neste período.

Ademais, terán unhas magníficas condicións para seus fillos, sendo, incluso, máis favorables que para o resto. Para máis información, podes chamarnos por teléfono, enviarnos unha mensaxe por email ou achegarte á nosa ventá de recepción no propio Club de Campo. .

O plan perfecto é aquí

Co paso dos anos, o club foi ampliando a súa oferta de actividades deportivas e culturais que continúan mellorando grazas á participación duns socios satisfeitos cos profesionais que as dirixen pensando nas necesidades de todos eles.

  •  
  • Piscinas exteriores
  • Piscina e SPA
  • Tenis
  • Ximnasio
  • Fútbol
  • Pádel
  • Educativas
  • Parque
  • Rondalla
Desfruta coa túa familia e as túas amizades no Club

Descubre todas as instalacións coas que conta o Club de Campo de Ferrol. Espazos para poñerse en forma e exercitar o corpo e a mente. Zonas de ocio para desfrutar toda a familia.

Durante case corenta anos, o Club de Campo de Ferrol foi mellorando as súas actividades ata contar cunha oferta que ten en conta aos socios de todas as idades e que satisfán todos os seus gustos e afeccións.