Skip to content Skip to footer

Educativas

Seguridad en el Club de Campo

Actividades dinámicas e divertidas

Actividades dinámicas e divertidas

actividades

Educativas

O noso club ofrece unha ampla variedade de actividades educativas para todas as idades porque para manter un bo estado de saúde tamén compre cultivar a mente. Estamos comprometidos con proporcionar oportunidades únicas para os nosos membros, como o Club de Lectura "Viaje entre líneas", as clases de Gym Mental, así como diversos obradoiros e actividades que se realizan de forma puntual tanto para nenos como adultos.

Club de lectura

Un xoves ao mes no noso local social cítanse todos os compoñentes do Club de Lectura “Viajes entre líneas”. Esta iniciativa xorde co obxectivo de aumentar a motivación por ler, favorecer a comprensión lectora, explorar novos xéneros literarios e desfrutar da lectura compartida

A dinámica do club consiste en escoller entre todos os seus membros un mesmo libro que é analizado con detalle ao mes seguinte nunha reunión moi amena que dura ao redor das dúas horas. .

Libros libres ou bookcrossing

Instalamos uns estantes no noso local social para convertelas nun punto de bookcrossing ou libros libres. Deste xeito, os socios teñen á súa disposición unha selección de libros que se poderán retirar e devolver ao final da súa lectura ou substituílo por outro.

Contamos con sección infantil/xuvenil, novela e varios.

Gym Mental

A actividade de Gym Mental celébrase todos os luns ás 17 horas no noso club. O taller de memoria e estimulación cognitiva, impartido pola traballadora social Tamara Ramos, é moi divertido, entretido e didáctico. Axuda aos nosos maiores para manter a súa mente en plena forma.

INSCRICIÓN

Desfruta das nosas actividades. Inscríbete!

Exterior de la cafetería del Club
Actividades
0+

Diferentes actividades individuais e en grupo

Instalacións
80

Instalacións deportivas e ocio

CONTACTO

Queres máis información?
Escríbenos!

Para más información ponte en contacto connosco.