Skip to content Skip to footer
eventos

Os teus días máis especiais, no Club de Campo

No club tamén podes celebrar a túa voda, as vodas de ouro de teus pais, realizar a reportaxe fotográfica nos xardíns e facer unha festa inolvidable e única.

O CLUB DE CAMPO DE FERROL

ANIVERSARIOS

O Club é escollido por moitos dos seus socios para soprar as velas cada ano. Calquera momento do día é bo para celebrar a vida e hai unha festa a medida para todos:

  • Almorzo
  • Brunch 
  • Xantar
  • Merenda
  • Festa temática
  • Xincana
  • Competicións nas pistas deportivas 
O CLUB DE CAMPO DE FERROL

VODAS

No club tamén se escoitan os “Si, quero” e déixanse caer pétalos de flores polos xardíns. Moitos socios deciden empezar aquí a súa vida en familia.

  • Toldos climatizados
  • Sommeliers
  • Foodtrucks 
  • Música en directo
  • Servizo de gardaría
O CLUB DE CAMPO DE FERROL

BAUTIZOS

No club tamén podes celebrar o bautizo de teus fillos cunha festa á túa medida. Non hai mellor sitios para que os bebés estean máis cómodos e mellor atendidos en compañía da súa familia e amizades.

  • Almorzo ou merenda
  • Cóctel
  • Mesa doce
O CLUB DE CAMPO de FERROL

COMUÑÓNS

Na primavera, as comuñóns convertéronse nun clásico nas nosas instalacións. Os nenos percorren todos os recunchos do club cos seus traxes de festa acompañados dos seus amigos no que se converte, sen dúbida, nun dos días máis especiais das súas vidas.

  • Inchables
  • Animación infantil
  • Photocall
  • Mesa doce
O CLUB DE CAMPO DE FERROL

DEPORTIVOS

Ademais das actividades deportivas semanais, ocasionalmente se organizan eventos competitivos nos que prima a deportividade.

  • Torneos de tenis
  • Torneos de pádel 
  • Ligas de fútbol
CONTACTO

Queres falar con nós?

Para máis información ponte en contacto connosco.