Skip to content Skip to footer

Festa Entroido 2023

O

sábado 18, a partir das 16:30 horas, teremos un circuíto inchable con karts eléctricos, unha diana xigante, un obradoiro de pintacaras e un carro con algodón de azucre. 

Para acceder ao pavillón será necesario adquirir, na recepción, as pulseiras identificativas: 1 euro para os socios e 6 euros para os convidados en venta anticipada, mentres que o mesmo día serán 2 e 10 euros, respectivamente. Para este sábado, os pases gratuítos non serán válidos, nin tampouco se poderán reservar celebracións a partir do envío deste correo. De feito, os convidados adultos terán que acceder co pase de entrada (2,5 euros)

Bingo Entroido

O sábado 18 tamén se celebrará o Bingo de Entroido a partir das 20:30 horas. Como é habitual, xogaranse 5 bingos, que serán premiados coas tradicionais cestas. A participación será cun mínimo de 5 cartóns (5 euros) que estarán dispoñibles unha vez abertas as portas do comedor ás 20:10 horas. 

 

Non está permitido reservar os asentos nin as mesas da cafetaría e o comedor con abrigos nin ningún tipo de obxecto persoal.

Recordatorio

Ademais, dende o domingo 19 ata o martes 21, nenos e adultos poderán disfrutar dun scalextric de grandes dimensións na sala xuvenil. O horario será de 11:30 a 14 horas e de 16:30 a 21 horas. O acceso será libre e por orde de chegada.

Leave a comment